Tuesday 07 de May de 2024

Ovidio Rodeiro destaca que as axudas de cultura e turismo para a mellora da accesibilidade e sinalización deixarán na comarca de Ferrol máis de 208.000 euros


O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas novas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da oferta turística
A Xunta de Galicia investirá este ano máis de 208.0000 euros na comarca de Ferrol ao abeiro da orde de axudas resolta en xuño e dos novos convenios da Consellería de Cultura e Turismo con varios concellos, que teñen como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais

O delegado territorial Ovidio Rodeiro visitou a zona das obras no concello de Narón que consistirán na sinalización da Ruta dos Muiños nas que se investirán máis de 22.000 euros. Máis de 200 entidades locais beneficiáronse destas axudas nos dous últimos anos.

O representante do goberno autonómico destacou que “estas axudas van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes”. Neste senso, apuntou que “estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos concellos”.

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente.

Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.

A través destas dúas liñas de colaboración cos concellos a Consellería de Cultura e Turismo se invisten nesta área de Ferrol un total de 208.000 euros.

INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS CONVENIOS FERROL
Concello Actuacións Importe
ARES Adecuación de zona verde e estacionamento na praia de Chanteiro 39.000,00 €
AS PONTES Suministro e instalación de sinalización turística intelixente 19.833,44 €
CARIÑO Mellora do nivel de accesibilidade á igrexa, á casa rectoral e ao parque infantil da Pedra 6.236,95 €
CEDEIRA Mellora da sinalización turística do concello 4.994,28 €
NARÓN Sinalización da ruta dos muíños 22.245,30 €
ORTIGUEIRA Sinalización turística do casco histórico de Santa Marta de Ortigueira 7.735,23 €
VALDOVIÑO Sinalización do camiño das ondas 13.851,08 €
TOTAL 113.896,28 €

INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS ORDE AXUDAS FERROL
CONCELLO OBXECTO SUBVENCIÓN Subvención concedida
CABANAS Recuperación de lavadoiros e fontes creando a ruta da auga na vida da muller e do peregrino 36.278,99 €
SAN SADURNIÑO Accesibilidade ao pico de Ferreira e sinalización 25.512,50 €
TOTAL 94.992,39 €